12 de abril de 2017

MOBILIDADE SOSTIBLE E SEGURA: colaboración Cruz Vermella

Ademais da charla informativa que tivemos por parte da DXT, tamén contamos coa celebración dunha actividade en colaboración coa Cruz Vermella. O día 30 de marzo e o 6 de abril contamos coa presenza de Iván, quen nos contou aspectos relativos á prevención de accidentes, comportamento na rúa, sinais de tráfico...
Para elo divídimonos en 2 grupos segundo as idades. Aquí deixamos algunhas fotos das xornadas:













MOBILIDADE SOSTIBLE E SEGURA: elaboramos unha maqueta

Igual xa vos destes conta, pero no cole estamos elaborando unha maqueta dunha cidade... Esta aínda está tomando forma, pero parece que vai a quedar moi xeitosiña.

Os nenos e nenas de 5º e 6º colaboraron pintando a base da mesma e desta volta traemos unha das partes máis importantes para os pícaros/as: o parque. A elaboración do mesmo correu a cargo do alumnado de 1º e 2º. Que vos parece??








16 de marzo de 2017

MOBILIDADE SOSTIBLE E SEGURA: charla informativa para as familias

Antes de nada, non olvidedes que ao final desta entrada poderedes atopar uns enlaces con información sobre a charla.
Como xa sabedes, o CEIP A Castellana atópase inmerso nun proxecto que parte da colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria con outras entidades. Neste caso, contamos coa colaboración da Dirección Xeral de Tráfico, dependente do Ministerio do Interior.
A temática que se elixiu para centrar o proxecto a desenvolver é o programa de Mobilidade Sostible e Segura.
Como parte deste programa contamos coa colaboración das persoas responsables dentro da Dirección Xeral de Tráfico da Coruña (Rosa e Rocío) para que informasen ás familias deste centro sobre a temática do proxecto.
Durante esta xornada, falouse dos sistemas de retención tanto para nenos/as como para adultos e da importancia de empregalos. Non podemos olvidar que a nosa vida e a dos nosos fillos e fillas dependen, en moitos casos de accidente, do seu uso.
Aquí unha foto das persoas asistentes:
Para aqueles que non vos foi posible asistir, deixamos algunha información obtida da páxina da DXT:





MOITAS GRAZAS POLA VOSA ASISTENCIA.

10 de marzo de 2017

Entroido 2017

Por aquí vos deixamos as instantáneas do Entroido. Debaixo desta foto poderes atopar un enlace no que debedes clicar.





PINCHA AQUÍ PARA ACCEDER A TODAS AS FOTOS